“¿Cal das miñas fotos é a miña favorita? Unha que vou facer mañá.”

IMOGEN CUNNINGHAM




Encántame esa frase porque penso que me define perfectamente, xa que sempre crin na aprendizaxe e no progreso continuos, tanto na fotografía como na vida en xeral.

Nado en Galiza e actualmente residente en Toledo, o meu interese pola fotografía ven da adolescencia, cando os meus pais me agasallaron coa miña primeira cámara reflex.

E ata o día de hoxe, un cuarto de século despois, non deixei de aprender a capturar imaxes de todo tipo e condicións de iluminación, combinando iso coa miña “outra profesión” de técnico audiovisual na televisión. Tanto a miña formación como a miña carreira profesional sempre me proporcionaron novos e valiosos coñecementos sobre o procesamento das imaxes e da luz.

Actualmente traballo con equipo de cámara Fujifilm, lentes Fujinon e Zeiss e flashes Elinchrom. E anque me adico máis á fotografía comercial e publicitaria, cultivei case todos os xéneros: dende o retrato, pasando pola fotografía de paisaxes e arquitectura, ata a fotografía social e de estilo de vida.

Se andas á procura dun fotógrafo para amosar algo ao mundo, non dubides en contactar comigo. Pídeme prezo sen compromiso.

Un saúdo e moitas grazas pola túa visita.